A ria e nosa e non de REGANOSA

sábado, 28 de julho de 2007

Domingo 29 de Xullo: Acto de apoio á veciñanza de Mugardos que manten un peche na Casa do Concello, en protesta polo PEE de REGANOSA

CONCENTRACIÓN EN MUGARDOS

Domingo 29 de Xullo,

ás 12 do mediodía,
no peirao de atraque das lanchas
en Mugardos

ACTO DE APOIO Á VECIÑANZA DE MUGARDOS
QUE MANTEN UN PECHE NA CASA DO CONCELLO,
PARA PROTESTAR POLO PLANO DE EMERXENCIAS EXTERIOR DE REGANOSA, APROBADO DE COSTAS Á VECIÑANZA E SEN TER EN CONTA OS CONDICIONADOS QUE TIÑA QUE CUMPRIR REGANOSA, PARA A SÚA INSTALACIÓN, RELACIONADOS COAS DISTANCIAS ÁS POBOACIÓNS E Á SAÍDA DE EMERXENCIA DOS BUQUES GASEIROS, CONDICIONADOS IMPOSIBEIS DE CUMPRIR COA ACTUAL LOCALIZACIÓN EN PUNTA PROMONTOIRO, DENTRO DA RÍA DE FERROL




Concentraremonos no peirao onde atracan as lanchas en Mugardos, para saír en marcha até a Casa do Concello, onde amosaremos a nosa solidariedade coa veciñanza pechada.

Imos intentar facer un simulacro de accidente, polo que se prega traer un buzo branco deste que venden nas gasolineras, mascarilla branca, e elementos de percusión tambores e cacerolas.

Convova:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

O perimetro de seguridade do 400 metros, segundo Artritis, afecta a unhas 100 persoas de Mehá e A Pedreira. É paradóxico e todo un despróposito, que instalen a planta nunha zona poboada e que agora pretendan unha zona de seguridade onde 100 persoas vivan dentro dese perímetro coa inseguridade que unha industria perigosa deste tipo supon, sen entrar xa a falar da devalución das súa propiedades e a propia vida. A lexislación vixente no territorio do Estado español [RAMIN-Decreto 2414/61, artigo 4], non permite a instalción desta planta regasificadora, considerada perigosa por todas as normativas, a nivel planetario, a menos de 2000 metros dunha zona poboada. O colmo dos despropósitos é o de instalar unha planta regasificadora mesmo ao lado dunha central térmica de coxeneración que queima gasoleo e un complexo petroquímico conformado por Forestal del Atlántico SA e IMEGASA, conculcando claramente a Directiva Europea SEVESO II, o chamado efecto Dominó, Artigo 8, entre outros artigos da mesma Directiva, como son o 9, 11 e 12. Ver o Fundamento 4º no que traballa Ferrol-CAPE, para manternos informados .

Que é un Plano de Emerxencia Exterior ?


_________

A 28 de Xullo de 2007, xa son 21 os videos contra a Planta de Gas, que podes ver no Blog Amigo "Videos Anti-Reganosa", non os perdas. E se tes posibilidade, copia os códigos e colgaos no teu Blog ou Web, canto máis os difundamos moito mellor.
_____________


De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de Julho de 2007 01:22
Asunto: Paseo por Mugardos o domingo con buzos blancos, mascaras e cacerolada tamborrada en apoio os veciños de Meha encerrados na casa do concello


Ainda que coa mitade de asistencia dos integrantes da Asamblea Cidadá, e xustificacións de moitas persoas que non poideron estar alí, hoxe tivemos unha xuntanza na Praza do Concello de Mugardos, onde logo dun cambio de impresións acordamos o seguinte en apoio á veciñanza de Mehá que sigue pechada na Casa do Concello de Mugardos:

Para o Domingo 29 de xullo ás doce do mediodía, estar no peirao de Mugardos, no extremo onde atracan as lanchas de pasaxe, desde onde se sairá para camiñar até a Casa do Concello de Mugardos.

Levaremos buzo branco de papel e/ou camiseta do CCE con mascarilla das brancas, ademais de cacerolas, tambores, outros elementos de percusión e gaitas.

O paseo rematará diante da Casa do Concello onde quen queira poderán saudar ás veciñas e veciños de Mehá que siguen pechados.

Quen queira mercar buzo branco de papel debe saber que non costan moito [sobre 1 €], o prezo dun euro, e que poden encontralo nos seguintes lugares:

Ferretería na rúa Madalena de Ferrol, ao lado da copistería Josbe, no bloque de casas perto do Ateneo Ferrolán ou nas Gasolineras.

Para ir a Mugardos desde Ferrol pode ser que haxa quen lle interese ir e volver en lancha que sae ás horas de Ferrol e ás medias de Mugardos

Carmelo Teixeiro
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
__________________

Enlaces relacionados:
____


_____________________

quinta-feira, 26 de julho de 2007

Convocada unha Asemblea Cidadán para o venres, 27 de xullo ás 8 da tarde na Praza da Casa do Concello de Mugardos

Asemblea Cidadá

venres, 27 de xullo
ás 8 da tarde,


na Praza da Casa do Concello
de Mugardos

1.- Información das reunións da veciñanza de Mugardos con María Esther González Saavedra, Directora Xeral de Protección Civil e da que se vai manter con Francisco Barroso Palomino, Director da Área de Industria e Enerxía.

2.- Información das decisións da veciñanza pechada na Casa Concello e valoración da situación.

3.- Proposta de manifestación para este Domingo 29, ás 12 do mediodía, desde a Casa do Concello até as inmediacións de REGANOSA en Mehá.


Convoca:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

PARTICIPA !!


_________________________________

Para ampliar clicar acima das fotos


____

terça-feira, 24 de julho de 2007

A veciñanza de Mugardos pechada na casa do Concello de Mugardos, contra os despropósitos da Xunta de Galicia e REGANOSA

NOTICIAS - REGANOSA - MUGARDOS- VECIÑANZA- OCUPACIÓN - CONCELLO - VICEPRESIDENTE - SOLIDARIEDADE

Para ampliar a imaxe clicar acima dela

A veciñanza de Mugardos afectada polos 400 metros de zona de seguridade que preve o Plano de Emerxencias Exterior para REGANOSA, aprobado polo Consello Xeral da Xunta de Galicia o pasado 19 de xullo, sigue pechada na casa do Concello de Mugardos. Este feito tivo importante repercusión mediática. A indignación da veciñanza, diante dun Plano de Emerxencias que é un verdadeiro despropósito, elaborado de costas á veciñanza afectada, á propia administración municipal, e mesmo sen ter en conta aos servizos de emerxencias da comarca [bombeiros, urxencias hospitalarias, urxencias 061, Protección Civil, autoridades locais ...]. Un Plano de Emerxencias, aprobado en tempo recor só co propósito de avalar, e acelerar, a entrada en funcionamento de REGANOSA. Regasificadora cuestionada, non só polo movimento cidadán da Ría, senon que polos propios tribunais da Galiza, en sendas sentencias do TSXG, tribunais que algún respecto e credibilidade mereceralle a un goberno da Galiza. Porque eles saben que REGANOSA non pode cumprir os condicionados de distancia de seguridade ante núcleos poboados [2000 metros], a evidencia aforra palabras e o de que os buques gaseiros podan saír a mar aberto en caso de emerxencia polos seus propios medios, cousa que non é posíbel, porque tanto para entrar como para saír necesitan a intervención de práticos do porto e catro remolcadores e por que no caso de estar cargado de GNL, só pode saír, en pleamar diurna e durante escasa media hora [en marea morta], por un canle angosto de 4.000 metros de lonxitude e moi estreito, cunha zona de navegación de só 150 metros de ancho. TODO UN DESPROPÓSITO.

Manteñamos a solidariedade coa veciñanza pechada no concello de Mugardos:

- Facendo visitas ao lugar do peche, na casa do Concello de Mugardos.

- Enviando cartas ou telegramas de apoio e solidariedade á Casa do Concello [Av. de Galiza, 45 981470290].

- Remitindo aos medios de comunicación notas de prensa.

- Acordando en reunións de asociacións, comités de emperesa e outros entidades, mostras de solidariedade e apoio á veciñanza pechada, na defensa da vida, das súas vivendas e da súa seguridade.

- Remitindo cartas, fax ou telegramas á Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta, para que atenda as demandas veciñais e mostrando a negativa a convivir cunha Planta de Gas dentro da Ría de Ferrol.

Enderezos da Xunta de Galicia onde se pode manifestar o rexeitamento de REGANOSA e o apoio á veciñanza de Mugardos:

Presidencia
Emilio Pérez Touriño
Presidente da Xunta de Galicia


Secretaría Particular

Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
15704
Santiago de Compostela

Tel.: 981 541 213/541 214 - Fax: 981 541 219

Correo-e: secre.presiden@xunta.es


Secretaría Particular

Pazo de Raxoi - Praza do Obradoiro 15705
Santiago de Compostela

Tel.: 981 544 915/544 916 - Fax: 981 544 904

Correo-e: secre.presiden@xunta.es



Secretaría Xeral da Presidencia

Gumersindo Guinarte Cabada


Secretario Xeral
Edificios Administrativos

San Caetano, s/n
15704
Santiago de Compostela

Tel.: 981 541 283/541 285 - Fax: 981 541 293


Pazo de Raxoi - Praza do Obradoiro
15705
Santiago de Compostela

Tel.: 981 541 212 - Fax: 981 541 293

Correo-E: secretaria.xeral.presidencia@xunta.es


______

Onte unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia, no transcurso dun acto partidario na Praza do Hino Galego en Ferrol, solicitoulle ao Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, unha entrevista, entregandolle un escrito con exaustiva información sobre a situación actual da regasificadora de REGANOSA. O Vice, non estivo moi receptivo, disculpandose pola falta de tempo para antender as demandas cidadáns, às que dedicou apenas 3 segundos do seu valioso tempo. Ainda non se deu conta de que o BNG, perdeu 6.139 votos, só na cidade de Ferrol, na última contenda eleitoral do pasado 27 de maio [de 9.458 votos - o 22,63%- que tivo nas municipais de 2003, pasou agora a 3.219 votos -o 8,78%-], principalmente por non atender as demandas cidadáns, perdeu case a totalidade deses 6.139 votantes que non lle renovaron a súa confianza á forza política na que milita o Vice. Mais que lección tiraron destes resultados ? Quo vadis BNG ?
____

Continua o Peche no Concello de Mugardos

CCE -comitecidadan@iespana.es
23 de Julho de 2007 19:53


Continua o peche no na casa do Concello de Mugardos, hoxe o número de encerrados supera os 50 e nalgúns momentos cos visitantes chegou a verse mais de 100 persoas no salón de plenos e nos corredores de entrada.

Adxunto acompáñase o escrito que se entregou por rexistro municipal de Mugardos á primeira hora da mañá de hoxe, cara ás 10 da mañá.

Posteriormente unha runion de portavoces municipais convocada polo Alcalde Xpose Fernandez Barcia, acordou por unanimidade apoiar a petición de entrevistas solicitadas a Francisco Barroso Palomino Director do Area de Industria e Energía da Coruña do que depende aurtorizar ou non o acta definitiva de explotación a Reganosa, así mesmo coa Dirección Xeral de Protección Civil de Galicia a cal promoveu indebidamente un Plan de Emerxencia Exterior que foi aprobado pola Xunta de Galicia o pasado 19 de xullo.

A última hora de hoxe continuase sen resposta a devanditas entrevistas que por escrito foron solicitadas o pasado 12 de xullo e hoxe a Presidenta da Plataforma Veciñal O Cruceiro de Mehá, Luz Mariña Torrente López, ten reiterado tamén por escrito enviado na mañá de hoxe por fax e por correo certificado urxente aos dous mecionados organismos.

Este peche prodúcese así mesmo cando desde o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol estase tamén á espera pola resposta dun escrito enviado á Dirección Xeral de Protección Civil en Madrid e tamén á espera de resposta do Ministro de Industria aos escritos que desde xuño de 2006 se lle enviáron, o último entregado en man o pasado 11 de xullo de 2007 na súa visita a Ferrol, solicitandolle que ordene ao Area de Industria e Enerxía (que depende do mesmo) non sexa autoarizada o acta definitivo de explotacion ou funcionamento que Reganosa non ten e que lle é obrigado soliciar, para o que esta pendente de resolver condicionados da súa auatorizacion de construccion relacionados coas distanncias ás poboacións e a saída de urxencia dos buques gaseros.

Carmelo Teixeiro
Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia

Para ampliar o documento clicar acima da imaxe
_____________________

asociacion veciñal -avvorosario@gmail.com- 24 de Julho de 2007 16:04
Para: Avv MEHÁ -ocruceiro@canal21.com-

A Xunta Directiva expresa a súa solidariedade cos veciñ@s de Mugardos- MEHÁ na súa reivindicación contra a PLANTA DE GAS , PRETO DA SUAS CASAS.

ADHESIÓN PLATAFORMA VECIÑAL DE “ MEHÁ “

A Asociación Veciñal de O ROSARIO- INFERNIÑO , quere manifestarvos a nosa ADHESIÓN E SOLIDARIEDADE pola causa que defendedes a prol da DEFENSA DA RIA DE FERROL e o voso ENTORNO NATURAL NO CONCELLO DE MUGARDOS.

Estamos seguros que os vosos ESFORZOS terán como resultado o RESPECTO E ADMIRACIÓN da VECIÑANZA máis comprometida coa comarca , por así REIVINDICAR UN ESPAZO NATURAL COMO É A RÍA DE FERROL que como sabemos non necesita carta de presentación .

Sabemos que esta é un batalla dura e longa contra poderosas EMPRESAS ECONOMICAS , MEDIATICAS , FORZAS POLÍTICAS DE CENTRO ESQUERDA E DEREITAS que baixo a desculpa e escusa “ESTRATÉXICA” , DESTRÚEN e POÑEN en PERIGRO A VIDA DE TODA A RÍA DE FERROL.

Estamos convencidos de que o PLANO DE EMERXENCIA DE REGANOSA non cumpre as mínimas esixencias de seguridade xa que a propia PLANTA SIGNIFICA UNHA INSEGURIDADE DENTRO DA RÍA ademais de unha irresponsabilidade , sendo unha falacia e tomadura de pelo para a cidadanía.

Dámosvos moito ANIMO E PERSEVERANZA na vosa loita veciñal , ambiental e cidadá.

Ferrol a 24 de Xullo de 2007.
asdo. Pedro Cachaza -Secretario
asdo. Xosé M.Sanxoán - Presidente
--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com
_______________

Actualizado o Blog Noticiário do Noroeste:
a 24 de Xullo de 2007, ás 23:31 hrs.


Enlace co Blog que oferta un número importante de enlaces con noticias que se produzen con respeito á planta regasificadora de REGANOSA
__________________

segunda-feira, 23 de julho de 2007

Feche no concello de Mugardos da veciñanza afectada polos 400 famosos metros de exclusión que preve o Plano Exterior de Emerxencias, para REGANOSA

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 23 de Julho de 2007 11:45

Asunto: Feche no concello de Mugardos dunhas cincoenta veciñas e veciños afectados polos 400 famosos metros de exclusión que preve o Plano Exterior de Emerxencias aprobado polo Consello Xeral da Xunta de Galicia, o pasado 19 de Xullo, para REGANOSA.



Feche no concello de Mugardos dunhas cincoenta veciñas e veciños afectados polos 400 famosos metros de perímetro de seguridade que preve o Plano Exterior de Emerxencias, aprobado polo Consello Xeral da Xunta de Galicia, o pasado 19 de Xullo, para REGANOSA.

Clicar acima da imaxe para ampliar

Desde as once da mañá iniciouse un peche no Concello de Mugardos, por mais de 30 veciños de Mehá (Mugardos) pertencentes á Plataforma de Veciños O Cruceiro de Mehá, cuxas vivendas son das mais próximas ás instalacións que constrúe Reganosa.

Entregaron no Concello un comunicado que como veciñas e veciños do Concello de Mugardos solicitando o apoio da Corporación para que lles sexan concedidas sendas entrevistas que desde o 12 de xullo pasado foron solicitadas a Francisco Barroso Palomino Director do Area de Industria e Enerxía da Coruña do que depende aurtorizar ou non o acta definitiva de explotacion a Reganosa, así mesmo coa Dirección Xeral de Proteccion Civil de Galicia a cal promoveu indebidamente un Plan de Emerxencia Exterior que foi aprobado pola Xunta de Galicia o pasado 19 de xullo.

Este peche prodúcese así, mesmo cando desde o Comité Cidadán de Emerxenciar para a Ría de Ferrol se está tamén á espera pola resposta dun escrito enviado á Dirección Xeral de Proteción Civil en Madrid e tamén á espera de resposta do Ministro de Industria aos escritos que desde xuño de 2006 se lle enviáron, o último entregado en man o pasado 11 de xullo de 2007 na súa visita a Ferrol, solicitandolle que ordene ao Área de Industria e Enerxía (que depende do mesmo) non sexa autoarizada a acta definitiva de explotación ou funcionamento que Reganosa non ten e que lle é obrigado soliciar, para o que está pendente de resolver condicionados da súa autorizacion de construción relacionados coas distancias ás poboacións e a saída de emerxencia dos buques gaseiros.

Os telefonos de contacto son :

Luz Marina: Presidenta: 699548246

Elena Vicepresidenta: 657270909

Saúdos cordiais

Carmelo Teixeiro
__________________


________

Un accidente nunha Planta de Gas é posíbel.-

Un Exemplo: accidente en China, decembro do 2003.

Relacionadas:

Noticias na BBC.MUNDO
Vernes, 26 de decembro de 2003 - 15:43 GMT

Gases tóxicos tras explosión en China

Traxedia en planta de gas china
_________________________________

Enlaces relacionados:

Noticias que vai xerando o peche na Casa do Concello da veciñanza de Mugardos que vive máis próxima á planta de gas que ten REGANOSA dentro da Ría

Noticias publicadas, actualizadas a 13 de Otubro de 2007

chuza! / búsqueda de "tag:bomba"
O Estado farase cargo dos danos ocasionados pola bomba que estalou nun colector de vidro de Meá, Mugardos, a madrugada de onte. Fuentes da delegación do ...

2006 Mayo « Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
Iniciado pola Plataforma de Veciños "O Cruceiro de Mehá "(Mugardos), á espera de que pase a este contencioso o expediente do anterior nº 342/2002, ...

chuza! / búsqueda de "tag:meá"
1 comentariostags: tito, o cruceiro, meá, mugardosen audiovisual ... 20 comentariostags: planta de gas, meá, reganosa, mugardosen última hora ...

chuza! / búsqueda de "tag:mugardos"
Alcalde de Mugardos (BNG) culpa da explosión ás protestas cidadás ... sen comentariostags: tito, o cruceiro, meá, mugardosen audiovisual ...

chuza! / búsqueda de "tag:mugardos"
Versos de TITO para O Cruceiro de Meá [video] en audiovisual, 14 chuzadas, 2 comentarios; Alcalde de Mugardos (BNG) culpa da explosión ás protestas cidadás ...

GALICIA - CRUCEIRO - CRUCEIRO DE MEÁ - A CORUÑA - FERROL - MUGARDOS
Desde Mugardos seguir la L-122 hasta llegar a Meá y allí se encuentra el cruceiro. Accesibilidad: Coche, peatonal, autobús ...

2006 Agosto 02 « Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
... no recurso contencioso-Administrativo 672/2002 interposto pola Plataforma de Veciños da Parroquia de Meha (Mugardos) e outras asociacións do Comité ...

chuza! / búsqueda de "tag:mugardos"
O Estado farase cargo dos danos ocasionados pola bomba que estalou nun colector de vidro de Mehá, Mugardos, a madrugada de onte. Fuentes da delegación do ...

Tu.tv - Videos - 150 vecinos de Mugardos protestan por la
Comentario: Unos 150 vecinos de la parroquia de Meha (Mugardos, A Coruña), llevan encerrados en el ayuntamiento de Mugardos desde el lunes. ...

Sos - Ferrol En Peligro - Pag. 8 - cannabiscafe
Quien firmamos más abajo nos solidarizamos con la Plataforma de Vecinos del Crucero de Meá (Mugardos), cerrados en el Ayuntamiento de Mugardos desde el mes ...

chuza! / O Estado indemnizará pola bomba de Mugardos se foi un ...
O Estado farase cargo dos danos ocasionados pola bomba que estalou nun colector de vidro de Mehá, Mugardos, a madrugada de onte. Fuentes da delegación do ...

chuza! / búsqueda de "tag:meá"
2 comentariostags: tito, o cruceiro, meá, mugardosen audiovisual ... 25 comentariostags: reganosa, mugardos, meáen última hora karma: 337.00 ...

chuza! / búsqueda de "tag:mugardos"
Alcalde de Mugardos (BNG) culpa da explosión ás protestas cidadás · Avatar de Calidonia ... 1 comentariostags: tito, o cruceiro, meá, mugardosen audiovisual ...

chuza! / búsqueda de "tag:mugardos"
O Estado farase cargo dos danos ocasionados pola bomba que estalou nun colector de vidro de Mehá, Mugardos, a madrugada de onte. Fuentes da delegación do ...

El Estado indemnizará por la bomba de Mugardos si fue un acto ...
El Estado se hará cargo de los daños ocasionados por la bomba que estalló en un contenedor de vidrio de Mehá, Mugardos, la madrugada de ayer. ...chuza! / búsqueda de "tag:meá"
2 comentariostags: tito, o cruceiro, meá, mugardosen audiovisual ... 26 comentariostags: reganosa, mugardos, meáen última hora karma: 337.00 ...
La Opinión de A Coruña - Más de 150 artistas e intelectuales se ...
Por otra parte, ayer se cumplieron dos meses del encierro iniciado por vecinos de la parroquia de Mehá (Mugardos) en la casa consistorial, para mostrar su ...
chuza! / búsqueda de "tag:mugardos"
Alcalde de Mugardos (BNG) culpa da explosión ás protestas cidadás ... sen comentariostags: tito, o cruceiro, meá, mugardosen audiovisual ...
A USTG visita aos veciños de Mehá pechados no Concello de Mugardos ...
Visitaron na tarde de onte aos veciños de Mehá pechados no Concello de Mugardos para esixir o cumprimento da Lei antes da entrada en funcionamento comercial ...

O Cruceiro de Meá
Un numeroso grupo de veciños pechados no Concello de Mugardos dende o día 23 de xullo acudiremos o vindeiro sábado día 15 de setembro ás 18:00 horas a ...

Convocatorias Comité Cidadán <<>...
Visita a los vecinos encerrados en Mehá (Mugardos):. Hoy viernes a las 13 horas un grupo de lanchas de mariscadores saldrán del muelle de Ferrol y llevarán ...

A USTG visita aos veciños de Mehá pechados no Concello de Mugardos ...
Visitaron na tarde de onte aos veciños de Mehá pechados no Concello de Mugardos para esixir o cumprimento da Lei antes da entrada en funcionamento comercial ...

blogaliza
Consigue a tua conta en blogaliza.org en segundos. Fill out this one-step form and you'll be blogging seconds later! ...

A USTG visita aos veciños de Mehá pechados no Concello de Mugardos ...
Visitaron na tarde de onte aos veciños de Mehá pechados no Concello de Mugardos para esixir o cumprimento da Lei antes da entrada en funcionamento comercial ...

Solidariedade coa Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá": Marcha ...
Solidariedade coa Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá". Blog, da Plataforma Ártabra 21, en solidariedade coa veciñanza de Mugardos, pechada na Casa do ...

esquerdaunida-ferrol: 45 DÍAS PECHADOS EN MUGARDOS A VECIÑANZA DE MEÁ
Tampouco é unha ficción é unha realidade son cinco semanas as que as veciñas e veciños de Meá levan pechados no Concello de Mugardos en defensa das súas ...

Solidariedade coa Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá": Julho 2007
Podeste facer con elas nas asociacións veciñais de Mehá-Mugardos, ... Os veciños de Mehá (Mugardos) encerrados no Concello de Mugardos desde o pasado 23 de ...

Solidariedade coa Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá": Teatro ...
Solidariedade coa Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá". Blog, da Plataforma Ártabra 21, en solidariedade coa veciñanza de Mugardos, pechada na Casa do ...

2007 Agosto 06 <<>
Neste contexto desde o pasado 23 de xullo un grupo de veciños de Mehá (Mugardos), os que teñen súas vivendas mais preto da Planta de Gas que Reganosa ...

esquerdaunida-ferrol: COMUNICADO PLAFORMA VECIÑAL CRUCEIRO DE MEHÁ
COMUNICADO PLAFORMA VECIÑAL CRUCEIRO DE MEHÁ. Mugardos a 23 agosto 2007. Despois de un mes de peche no concello de Mugardos (lembrade o 23 de Xullo), ...

2006 Junio 16 <<>
Iniciado por la Plataforma de Veciños "O Cruceiro de Mehá "(Mugardos), a la espera de que pase a este contencioso el expediente del anterior nº 342/2002, ...

La Opinión de A Coruña - Vecinos de Mehá consiguen una entrevista ...
La plataforma de vecinos de O Cruceiro de Mehá (Mugardos, A Coruña) consiguieron fijar para el día 4 de septiembre una entrevista con la Dirección General ...

Vieiros: Galiza Hoxe - Veciños de Mehá (A Coruña) conseguen unha ...
A plataforma de veciños de O Cruceiro de Mehá (Mugardos, A Coruña) conseguiron fixar para o día 4 de setembro unha entrevista coa Dirección Xeral de ...

chuza! / Antón Reixa visitou aos veciños de Meá pechados en ...
1 comentariostags: reganosa, veciños, meá, reixa, mugardosen denuncia votos negativos 2, votos de usuarios: 13, votos anónimos: 4 ...

Solidariedade coa Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá": A ...
Solidariedade coa Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá". Blog, da Plataforma Ártabra 21, en solidariedade coa veciñanza de Mugardos, pechada na Casa do ...

O Cruceiro de Meá >> Blog Archive >> Día 33: Marcha cidadá a Mugardos
Preto de 800 persoas xuntáronse na marcha camiñando que partiu do peirao de Ferrol ás 16:00 horas e concluíu frente ao Concello de Mugardos darredor das ...

Tu.tv - Videos - 150 vecinos de Mugardos protestan por la
Unos 150 vecinos de la parroquia de Meha (Mugardos, A Coruña), llevan encerrados en el ayuntamiento de Mugardos desde el lunes. Son los que viven más cerca ...

chuza! / Actos de solidariedade cos Os veciños de Meá pechados en ...
Onte foi o polifacético Xurxo Souto quen quixo achegarse por Mugardos para dar folgos aos veciños de Meá pechados na Casa Consistorial. ...

Plataforma Ártabra 21: Domingo 29 de Xullo: Acto de apoio á ...
Asunto: Paseo por Mugardos o domingo con buzos blancos, mascaras e cacerolada tamborrada en apoio os veciños de Meha encerrados na casa do concello ...

Convocatorias Comité Cidadán ...
Visita a los vecinos encerrados en Mehá (Mugardos):. Hoy viernes a las 13 horas un grupo de lanchas de mariscadores saldrán del muelle de Ferrol y llevarán ...

esquerdaunida-ferrol: PLATAFORMA ÁRTABRA21 COA VECIÑANZA DE MEHÁ
PLATAFORMA ÁRTABRA21 COA VECIÑANZA DE MEHÁ. A Plataforma Ártabra21 quere amosar a ADHESIÓN E SOLIDARIEDADE coa poboación de Mugardos máis preocupada pola ...

A RIA E NOSA E NON DE REGANOSA
Felicidades a "los cerebros informáticos" de Mehá (Antonio y Marcelino), y a toda la gente de Mehá y de Mugardos que estáis dando un ejemplo de lucha por ...

Jazztelia >> Túlallevas! >> Tag >> reganosa >> en todo
23 Jul 07 Desde las once de la mañana se ha iniciado un encierro en el Ayuntameinto de Mugardos, por mas dce 30 vecinos de Meha (Mugardos) pertenecientes a ...

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
Visita a los vecinos encerrados en Mehá (Mugardos):. Hoy viernes a las 13 horas un grupo de lanchas de mariscadores saldrán del muelle de Ferrol y llevarán ...

Plataforma Ártabra 21: A cita foi en Mugardos, este domingo 29 de ...
Podeste facer con elas nas asociacións veciñais de Mehá-Mugardos, O Rosario-Inferniño, Caranza, Fontelonga-Esteiro e Ferrol-Vello, tamén na Tenda da ...

MundoGaliza - Buscar
Os veciños de Mehá (Mugardos) encerrados no Concello de Mugardos desde o pasado 23 de xullo, en contra do Plan de Emerxencia Exterior de Reganosa, ...

esquerdaunida-ferrol: COMUNICADO DA PLATAFORMA VECIÑAL DE MEHÁ ...
A Plataforma de Vecinos de Mehá, como representante dos/as veciños/as pechados/as no Concello de Mugardos, dende o día 23 de xullo, á espera de que o ...

Xornal :"El salario del silencio" analiza a planta de Reganosa en ...
"El salario del silencio" analiza a planta de Reganosa en Mugardos ... regasificadora construída dentro da Ría de Ferrol, na parroquia de Mehá (Mugardos). ...

Druida Artabro: Se proyecta por diferentes lugares de la geografía ...
YA TIENEN BLOG · PLATAFORMA DE VECIÑOS O CRUCEIRO DE MEHÁ · MARCHA CIDADA A MUGARDOS VENRES 24 AGOSTO · MARCHA CIUDANA A MUGARDOS VIERNES 24 AGOSTO ...

chuza! / Actos de solidariedade cos Os veciños de Meá pechados en ...
Onte foi o polifacético Xurxo Souto quen quixo achegarse por Mugardos para dar folgos aos veciños de Meá pechados na Casa Consistorial. ...

artritris: Os veciños de Meá (día 24)
A visita de Xosé Manuel Beiras aos veciños de Meá axudou a demostrar que o ... César Pena: Mugardos, Galicia: Din que os que nacen e medran nunha vila ...

A instalación da planta de gas en Mugardos é unha ...
Segundo explica ADEGA nunha nota informativa, a planta situaríase a uns 100 m de Meá (Mugardos) e a uns 1.000 m da cidade de Ferrol, cando o Regulamento de ...

A Esmorga Centro Social
... constrói no interior da ria de Ferrol, na freguesia de Meá (Mugardos) e visa romper o silêncio que vem acompanhado a localização desse megaprojecto. [. ...

_________________